Con motivo da celebración do Día do Libro, este xoves 23 desenvolveranse numerosas actividades en distintos puntos das Rías Baixas.
Pontevedra:
18.30 horas: o Pazo da Cultura agradecerá aos centros escolares os traballos presentados no Salón do Libro coa entrega de diplomas na Sala de Exposicións. A continuación desenvolverase unha sesión de contacontos para adultos a cargo de Raquel Queizás.
20.00 horas: o escritor Víctor Freixanes e a profesora Ana Acuña inauguran a mostra 'Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros', unha exposición que se poderá visitar ata o 31 de maio e que está vinculada a un libro que reúne textos de 19 autores galegos con imaxes da fotógrafa pontevedresa Noel Queipo, colaboradora de PontevedraViva.
A Biblioteca Pública de Pontevedra tamén acolle unha selección de obras de autores recoñecidos co Premio Cervantes, que se poderá visitar ata o 3 de maio. Durante este xoves, o centro realizará unha xornada de portas abertas e eliminaranse as sancións por atraso nas devolucións a todos os usuarios que fagan uso ese día do servizo de préstamo. O venres 24, ás 18.30 horas, o espectáculo de sombras 'Cousas de Castelao' da compañía Títeres Cachirulo centrará os actos na Biblioteca.
Poio:
17:30 horas: a Biblioteca Municipal acolle o obradoiro de ilustración 'Que ves? ' unha actividade creativa na que os participantes realizarán ilustracións a medida que se narra o conto 'O traxe novo do rei'.
20.30 horas: O Casal de Ferreriros será o lugar de presentación do libro 'A lexitimación política do franquismo', de Álvaro Rodríguez Núñez.
O venres 24, a biblioteca do Centro Cultural Xaime Illa ofrecerá unha actividade de dinamización dirixida a nenos de entre 4 e 10 anos durante a tarde. Nesa mesma xornada, ás 20.30 horas, a Escola do campo de Combarro presentará o libro Amentalista de Tamara Andrés Padín.
Ponte Caldelas:
19.00 horas: Biblioteca Municipal de Ponte Caldelas: recital de poesía para conmemorar o Día Internacional do Libro, con fragmentos de, entre outros autores, do recentemente falecido Eduardo Galeano.
Vilagarcía:
17.00 horas. A Biblioteca Rosalía de Castro, na sala infantil, acolle a entrega de premios aos mellores lectores-usuarios da sección infantil e xuvenil.
Bueu:
18.00 horas. O espazo Lobocoxo celebra unha sesión de contacontos ao aire libre pola senda do río Bispo. Partirá do lavadoiro e poderán participar tanto nenos coma adultos para escoitar contos relacionados con determinados elementos simbólicos do ámbito.