"Acariñando o ceo" no Museo de Pontevedra

Pontevedra
10 de febreiro 2015

Sylvie Tartán achégase, nesta ocasión, a mostra antolóxica da obra do pintor Alex Vázquez, comisariada por Amelia Palacios, que pode visitarse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra ata o 1 de marzo

Sylvie Tartán co pintor Alex Vázquez
Sylvie Tartán co pintor Alex Vázquez / Sylvie Tartán

Queridos lectores, o inverno e as súas xornadas azoutadas polo frío e a proximidade da noite constitúen o marco ideal e a escusa perfecta para achegarnos a visitar os nosos museos. Espazos de paz, quietude e beleza por antonomasia, agora tamén nos ofrecen a súa calor á par que satisfán a nosa ansiedade de mergullarse a pulmón nos mares da arte. Por iso, é unha gran sorte que ata o 1 de marzo, a cidade de Pontevedra e todo aquel que queira visitala, teña o privilexio de poder ver no Sexto Edificio do seu Museo, unha exposición antolóxica do noso querido pintor vigués Alex Vázquez.

subir imagen

Con Alex e o seu emblemático "Palacete das Mendoza". ¡Fan absoluta!

Curiosamente, a obra deAlex Vázquezentrou na miña vida a través da camelia, tamén flor de inverno, e agora descubrina máis a fondo grazas a esta mostra antolóxica da súa obra, con máis representación da súa última década pero que realmente abrangue, nada máis e nada menos, que corenta e cinco anos de bo facer.

subir imagen

Un artigo de Ramón Rozas dedicado a este cadro. Non deixedes de lelo:"Natureza en Liberdade".

En todo este tempo, a obra de Alex foi evolucionando, cambiando de técnica e mesmo a súa firma sufriu modificacións, pero nunca nunca deixou de ser el porque o seu característico estilo se pode recoñecer en todas as súas pinturas.

subir imagen

"Gran Hotel" (1971).

subir imagen

"Las Delicias" (1984).

Cor, forza, natureza... pero tamén arquitectura, retratos en cera, un cadro que nunca foi exposto, outro premiado que lle abriu as portas e outro que tras vendelo puido recuperar, colgan das paredes do Museo de Pontevedra que non pode estar mellor acicalado agora mesmo. Peza espectacular, un biombo co seu inimitable selo que representa as beiras do Lérez, o lugar por onde el adoita pasear e que, ao meu xuízo, rivaliza coa natureza na que se inspira.

subir imagen

Todo un paraíso callado de "Alex Vazquez" formando unha unidade.

subir imagen

Absolutamente deliciosas as táboas dispostas en forma de biombo das que vos falaba.

Alex cóntanos que el é moi inquedo e nervioso pero que a súa pintura lle sae apracible e espontánea. Quizais, penso eu, porque é pintando cando se encontra realmente no seu propio elemento e por iso, aínda que intensa, a súa obra reláxanos e invítanos a soñar" como comenta a súa filla Amelia Palacios, comisaria de excepción da mostra.

subir imagen

"La fraga es un tapiz de vida apretado contra las arrugas de la tierra". El Bosque Animado. Wenceslao Fernández Florez.

subir imagen

"Praia" (2012).

Descubrimos queTurner, Monety Zao Wou- kison algúns dos pintores que máis o impresionaron e que, tamén ademais de pintar, lle apaixona ilustrar libros -quizais a súa faceta máis descoñecida polo menos para min ata agora-.

subir imagen

Moito que ver e máis que soñar "Acariñando o ceo" deAlex Vázquez. Agora, ademáis, coa fantástica coincidencia do pintor pontevedrésBarreironeste mesmo edificio. Un magnífico momento para achegarse ao Museo e abandonarse a esta luxuria pictórica con síndrome deStendhal incluída.

Bicos, museos, abrazos e arte!