O Pazo da Cultura acolleu este venres a estrea dunha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que leva por título 'O mundo que queremos'.
Por diante, unha ampla programación de actividades ata o próximo 2 de abril.
Ás 18:00 horas os primeiros nenos gozaron do espectáculo previo, Xoga de Entremáns, e unha hora despois abriron as portas do salón, no que se desenvolveu unha tripla sesión de contacontos e a presentación do libro 'Escaquis e Romeu'.
Sesións de cine, teatro, contacontos ou obradoiros compoñen a programación da primeira fin de semana do Salón do Libro.