A Edición 03 de Novos Cinemas abre as súas portas á recepción de obras audiovisuais ata o 31 de xullo. As categorías de inscrición son "Sección Oficial" e " Latexos" . O festival desenvolverase entre o 11 e o 16 de decembro de 2018.
As condicións para participar son a presentación dunha longametraxe dunha duración maior a 60 minutos que supoña a primeira ou segunda obra do seu creador. Admítense traballos producidos ou estreados a partir do 1 de xaneiro do 2017 mentres non fosen comercializados nin exhibidos na televisión pública ou privada durante a inscrición ao concurso. O formulario de inscrición atópase nesta ligazón.
A 03 Edición trae novidades, entre elas, a inclusión dun novo xurado formado por profesionais da crítica cinematográfica e catro premios, dous en forma de axuda económica e os restantes en forma de axuda á distribución e exhibición das obras.
O premio principal constará dunha dotación económica de 2.000 euros á mellor longametraxe da "Sección Oficial". O segundo será o "Premio Xurado Novo" que dotará de 500 euros á longametraxe seleccionada por un xurado composto por estudantes do campus de Pontevedra.
Ademais outorgarase o "Premio Latexos" que supoñerá a exhibición comercial da película premiada na sala NUMAX de Santiago de Compostela e o "Premio do Público" en forma de axuda á distribución a través dun acordo con Cinema de Galicia, impulsado por AGADIC.