A visita do alcalde do Salón do Libro que "non é Rajoy"

Pontevedra
11 de marzo 2013

Comenza a segunda semana do Salón do Libro coa visita do alcalde e da concelleira de Cultura. Hoxe finalizan os obradoiros concertados con colexios de primaria e durante os próximos días continuarán as actividades e as visitas de alumnos de centros de primaria e secundaria

- Sabedes quen é este señor? pregunta o contacontos aos nenos que están presentes na sesión.

Silencio. Miguel Anxo Fernández Lores sorrí e di: "son moi pequenos para saber o que é un alcalde". Pero os rapaces revólvense, si parecen saber que un alcalde é un señor con poder e reaccionan con numerosas preguntas:

- ÿ o alcalde de todo o mundo?

- ÿ o alcalde do Salón do Libro?

Ata que un cativo apunta:

- Pero non é Rajoy...

Entre contos e máquinas o Salón do Libro intérnase na súa segunda semana. Numerosos nenos percorren a diario as instalacións. Fernández Lores asegura que se están a cumprir, un ano máis, as expectativas "e vamos seguir apostando polo Salón porque é una actividade que xenera moita colaboración durante todo o ano nos colexios, que lles da pe para facer traballos e que os propios nenos teñan iniciativa".

Este luns finalizaban os obradoiros concertados cos colexios de primaria, segundo anunciou a concelleira Anxos Riveiro. A partir de agora continuarán acudindo alumnos de distintos centros de Galicia pero para facer visitas ou para acudir a algunha actividade concreta da programación. A última semana, cando os estudantes se encontren máis liberados dos exames, serán os alumnos de secundaria os que centren a maioría de visitas ao Salón.

Esta tarde e mañá, os pequenos poderán asistir a partir das sete da tarde do espectáculo A titiricleta do titiricleteiro e mañá ás 17:30 da tarde contarán cun obradoiro denominadoTromponetas e ferramentas de creación de aparatos fantásticos baseados no álbum ilustrado Seis barbudos da editorial OQO.