Á venda novos abonos do ciclo Domingos do Principal por mor da alta demanda

Pontevedra
04 de outubro 2023

Pese a que era posible adquirir entradas soltas para todos os espectáculos, a partir deste mércores activáronse outros 100 abonos

'Ás para Álex' de Baobab Teatro
'Ás para Álex' de Baobab Teatro / Baobab Teatro

En apenas 6 días foron despachados os 50 abonos de mañá e 50 abonos de tarde que o Concello puxo á venda a través de ataquilla.com 

Pese a que era posible adquirir entradas soltas para todos os espectáculos, a partir deste mércores activáronse outros 100 abonos (50+50).

A un prezo de 19 euros, dan acceso aos 7 espectáculos que terán lugar entre o domingo 15 de outubro e o 26 de novembro, o que supón un aforro de 9 euros respecto á compra de entradas por espectáculo, a un prezo de 4 euros.

Baobab Teatro (Galicia), Periferia Teatro (Murcia), La Baldufa (Catalunya), Determina da Cía (Galicia), Os Naúfragos (Galicia), Marcel Gross (Catalunya) e Titiriteros de Binéfar (Aragón) son as compañías seleccionadas por Teatro Akatro para esta edición.

A alta demanda de abonos para o ciclo de artes escénicas para público familiar, motivou a activación na mañá deste mércores de novas existencias. Nun primeiro momento lanzáronse a través da plataforma de venda por internet 50 abonos para as sesións das 12:00 horas e outros 50 para as de tarde, ás 18.30 horas.

En menos dunha semana o público esgotou esta cantidade e o Concello, para favorecer o aforro que supón a compra de abonos (19 euros por 7 funcións) fronte á compra de entradas por espectáculo (4 euros unidade), decidiu poñer á venda outros 100 que están xa activos.

O ciclo, que contará con 7 propostas de danza, clown, teatro de actor ou títeres de compañías chegades de todo o Estado, botará a andar o vindeiro domingo 15 de oubro con 'Ás para Álex' de Baobab Teatro (Galicia) e pechará o 26 de novembro co espectáculo 'No nos moverán' de Titiriteros de Binéfar (Aragón).

Os Luns do Principal, que achegan 3 desas propostas a público escolar, tiveron tamén unha acollida excepcional enchendo nos 3 pases o Teatro Principal e xerando listas de agarda.