"A túa librería recomenda", novo espazo virtual do Salón do Libro de Pontevedra de recomendacións literarias

Pontevedra
09 de setembro 2017

Comeza este 9 de setembro e na iniciativa participan as librerías Cronopios, Paz, Patakafrita, La Nube de Papel, Nobel, Librería Naranjo e Seijas

"Anagnórise" de María Victoria Moreno
"Anagnórise" de María Victoria Moreno

As actividades ao redor o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra comenzan co inicio do novo curso escolar. A primeira actividade desta nova etapa é un espazo para as redes sociais: A túa librería recomendada.

A iniciativa consiste en que a través da páxina de Facebook e Instagram (@salondolibrodepontevedra) as librerías de Pontevedra recomendarán, cada sábado a partir deste 9 de setembro e ata o próximo mes de abril, unha obra de literatura infantil e xuvenil relacionada coa temática do evento: Mulleres de conto.

As librerías participantes na iniciativa son Cronopios, Paz, Patakafrita, La Nube de Papel, Nobel, Librería Naranjo e Seijas, que iniciará a sección coa recomendación da obra "Anagnórise" de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas do próximo ano, coa que os donos da librería tiveron, en vida da escritora, unha estreita relación de amizade.

A finalidade desta iniciativa é fomentar o coñecemento da literatura infantil e xuvenil ao longo de todo o ano e visibilizar e dignificar o papel dos libreiros de Pontevedra como prescriptores e dinamizadores do libro e a lectura.