⿿A toda máquina⿝, tema do Salón do Libro que homenaxea á escritora Marilar Aleixandre

Pontevedra
30 de novembro 2012

O tema desta edición será ⿿A toda máquina⿝, invitando aos participantes a inventar, crear, experimentar, construir e proxectar ideas e facelas realidade para este Salón. A autora que será homenaxeada este 2013: A escritora, Marilar Aleixandre

Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra
Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra

A concelleira de Cultura Anxos Riveiro asistíu á reunión á que estaban convocados todos os centros escolares colaboradores do Salón do Libro.  Destacando que o tema desta edición será ⿿A toda máquina⿝, e invitando aos participantes a inventar, crear, experimentar, contruir e proxectar ideas e facelas realidade para este Salón, informou das directrices a seguir: datas de inscrición para participar con traballos na exposición, medidas dos mesmos, prazos de entrega, etc.

Os preto de 20 asistentes de centros de Pontevedra (Lourizán, Salcedo, Mourente, etc), Arcade, Pontecaldelas ou Marín poideron coñecer a identidade da autora que será homenaxeada este ano: A escritora Marilar Aleixandre, que nacida en Madrid, emprega maioritariamente a língua galega e conta cunha ampla traxectoria literária, especialmente no eido infantil e xuvenil, á que pertencen títulos coma "O monstro da chuvia" (1998), "A Compañía Clandestina de Contrapublicidade" (1998), "Lapadoiras, Sacauntos e Cocón" (1999), "Paxaros de Papel" (2001), "A vaca de fisterra e a trabe de alcatrán" (2005) . "A expedición do Pacífico" (1994) foi considerada pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez unha das cen mellores obras da literatura infantil española do século XX.

O encontro entre organizadores e participantes busca a interacción e a retroalimentación que permita que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil mellore ano a ano, espertando a imaxinación e o amor pola lectura dos máis pequenos e consolidandoo nos que non o son tanto.

A páxina web www.salondolibro.org porá a disposición a partir do luns toda a información desta edición, incluíndo unha bibliografía con máis de 100 títulos relacionados coa temática ⿿A toda máquina⿝.