A media mañá deste sábado 23 de marzo, 65 nenos e os seus pais chegarán procedentes de Guitiríz ao apeadeiro de Pontevedra-Universidade para achegarse ao Salón do Libro na última xornada da edición deste ano. Ao mediodía, este grupo participará da homenaxe que se realizará á escritora Marilar Aleixandre. Xa pola tarde desenvólvese un obradoiro de Títere Hop para nenos de 13 a 17 anos e o concerto para público familiar baixo o título Ollos de mel.
O grupo de Guitiríz realizará unha visita guiada ao Salón do Libro e asistirá a diferentes actividades, ademais de percorrer Pontevedra para coñecer a historia da cidade nunha visita que se centrará tamén en ofrecer unha visión do futuro.
Con estas actividades darase por concluída esta edición que superou as 20.000 visitas, por enriba das rexistradas durante o pasado ano que contaba cunha semana máis de duración.