A terceira edición do "Troita Folk" animará a Festa da Troita en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
15 de maio 2024

Catro agrupacións de música tradicional participarán na terceira edición do "Troita Folk", que se celebrará os días 25 e 26 de maio en Ponte Caldelas, no marco da Festa da Troita, a festa gastronómica máis emblemática do municipio

Presentación da terceira edición do "Troita Folk"
Presentación da terceira edición do "Troita Folk" / Concello de Ponte Caldelas

Catro agrupacións de música tradicional participarán na terceira edición do "Troita Folk", que se celebrará os días 25 e 26 de maio en Ponte Caldelas, no marco da Festa da Troita, a festa gastronómica máis emblemática do municipio.

O certame, impulsado por Os Coribantes en colaboración co Concello, comezará sobre as oito da tarde do sábado 25 de maio.

Farao coas actuacións que ofrecerán o grupo de baile AC Xiada da Pobra do Caramiñal (A Coruña) e o grupo de baile anfitrión, Os Coribantes de Ponte Caldelas.

Xa o domingo 26 de maio, ás sete da tarde, será a quenda dos cantos de taberna da agrupación Cantanascroas de Salcedo e de Madialeva, chegados desde Meis.

Todo este festival ten carácter gratuíto e busca divulgar a música tradicional galega no municipio, aproveitando estas datas festivas.