A obra Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos chegaba este martes ao Teatro Principal como un acto de homenaxe á autora á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. O espectáculo da compañía Matrioshka Teatro ofrece un percorrido polas obras e pola vida da escritora que namorou da lingua galega.
A través dunha estrutura en que se misturan escenas de ficción con pasaxes de realidade, as tres actrices protagonistas Chelo do Rejo, Anabel Gago y Lorena Conde ofreceron unha visión que salta desde a comicidade ata a plasmación da importancia que a natureza tiña para a profesora María Victoria Moreno.
A obra, dirixa por Gena Baamonde, tamén é un canto ao feminismo e á reivindicación da muller como creadora e autora literaria, xa que María Victoria Moreno é a cuarta muller á que se dedica o Día das Letras Galegas nun período de 56 anos.
A montaxe enmárcase na Tempada de Teatro do Concello de Pontevedra, que terá continuidade o 8 de xuño no Pazo da Cultura con 'El funeral', un espectáculo protagonizado por Concha Velasco e Antonio Resines. As estradas xa están á venda.