A prestixiosa pianista Anna Tsybuleva interpreta a Brahms, Schubert e Scarlatti en Arousa

O Salnés
28 de abril 2017

O auditorio municipal acollerá este venres 28, ás 21,00 horas, o sexto concerto do ciclo de música de cámara organizado pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía

A pianista rusa Anna Tsybuleva
A pianista rusa Anna Tsybuleva / Youtube: Anna Tsybuleva

A pianista rusa, Anna Tsybuleva será a protagonista este venres 28 ás 21.00 horas do sexto concerto do ciclo de música de cámara organizado pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía. Trátase da gañadora da última edición do Concurso Internacional de piano de Leeds, un dos máis importantes do mundo.

A nova intérprete leva unha fulgurante carreira ás súas costas actuación con orquestras como a Royal Philarmonic de Londres ou a Orquestra do Teatro Mariinsk en salas emblemáticas de Londres, San Petesburgo ou Zürich. No recital deste venres en Vilagarcía interpretará a sonata número 2 de Brahms, a fantasía 'Wanderer', de Schubert e as sonatas K. 208 e K. 519 de Domenico Scarlatti.

As entradas poñeranse á venda para o público en xeral unha hora antes do concerto ao prezo de 20 euros. 

O venezolano Pacho Flores, que actuará acompañado polo seu compadre "Pingüín" González, pechará a tempada de concertos da Sociedade Filarmónica o próximo 19 de maio, no marco das festas de Santa Rita.