"A pota que trota" ao ritmo do jazz

Pontevedra
26 de marzo 2014

As actrices María Aldao e Lucía Aldao co Seminario Permanente de Jazz puxeron en escea no Auditorio do Pazo da Cultura a obra de Teatro musicado "A pota que trota"

"A pota que trota"
"A pota que trota" / Mónica Patxot

As actrices María Aldao e Lucía Aldao co Seminario Permanente de Jazz puxeron en escea no Auditorio do Pazo da Cultura a obra de teatro musicado "A pota que trota".

Foi un espectáculo interactivo de teatro e música, baseado no libro de OQO Editora.

Da narración e interpretación encargouse María Lado, e as cantigas correron por conta de Lucía Aldao. Por suposto a música ao vivo foi do Seminario Permanente de Jazz. Un espectáculo inédito do que puideron gozar todos os que o martes se achegaron ao Salón do Libro, un total de 1.200 persoas que asistiron as dúas funcións concertadas con escolares e unha para público familiar pola tarde.

Esta non foi a única actividade que levaba o selo da editorial xa que os rapaces tamén aprenderon a técnica da "stop motion" para facer un pequeño video con bonecos de plastilina.

Borja Guerrero e Carlos Pinto desvelaron os segredos para darlle vida ás cousas da casa.