A palabra galega de 2018 é... "Deseucaliptización"

Pontevedra
27 de decembro 2018

Este neoloxismo reflicte a crecente preocupación social pola xestión do monte galego. Venceu gañando a 'feminismo' e 'sororidade' na iniciativa promovida polo Portal das Palabras, o proxecto web da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a divulgación do léxico galegospanbook>bbook>

A palabra 'deseucaliptización', escollida Palabra de 2018
A palabra 'deseucaliptización', escollida Palabra de 2018 / RAG

'Deseucaliptización' é a palabra de 2018, elixida por máis da metade dos 5.724 votos que foron emitidos na proposta realizada por Portal das Palabras, un proxecto web da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para divulgar o léxico da lingua galega.

Este vocábulo reflicte, segundo os organizadores, a preocupación social cada vez maior pola xestión do monte en Galicia. Impúxose a outros cinco finalistas, todos relacionados con acontecementos de relevancia que sucederon durante os doce meses de 2018. 

A segunda palabra máis votada foi 'feminismo', con 1.032 votos. Un termo moi empregado nun ano cheo de reivindicacións en todo o mundo para que finalice a desigualdade por motivos de xénero. 'Sororidade' obtivo 641 votos e 'apoderamento' con 316. Mentres que 'fariña' alcanzou máis de medio milleiro de votos nunha lista que finalizou con 'fascismo'. 

En 2017, a palabra que venceu foi 'afouteza' e entre as expresións finalistas atopábase 'vaga de  lumes'. Nesta ocasión, a opción gañadora defende un proceso de recuperación da masa forestal autóctona, segundo explican desde a organización desta actividade.