A terceira edición do Premio Literario 'Pinto e Maragota', convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración de Edicións Xerais coa finalizade de visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero, xa ten gañadora.
Trátase do poemario 'Todo o que doe', de Carmen Caramés, seleccionado entre as 23 propostas recibidas: 7 na categoría de literatura infantil e xuvenil, 5 novelas para público adulto, 2 obras de teatro e 9 poemarios para público adulto.
O xurado destacou da obra gañadora a tenrura, a potencia das metáforas e a creación de atmosferas que evocan distintas sensación e emocións. Destacaron tamén a certeira representación da dificultade que supón, nesta historia, o amor entre dúas mulleres, fóra das normas establecidas, así como a reivindicación do dereito para vivir o amor en liberdade.
Ademais o xurado encomiou a calidade da novela para público adulro 'Os tres nomes da Sartegua' e a obra xuvenil 'A campá dos Tararíns', recomendando á editorial que valore a súa publiacción.
O premio ao traballo gañador é unha recomensa de 3.000 euros.