A obra familiar 'Soy una nuez' chega ao Teatro Principal cunha dobre sesión

Pontevedra
28 de outubro 2022

Cunha duración de 60 minutos, o espectáculo contará, ás 12:00 e ás 18:30 horas, a vida da avogada Marinetti, unha muller implacable e amargada que denunciou a case todo o barrio. A súa vida cambia cando coñece a Omar, un neno refuxiado que caeu dunha rama da súa nogueira, transformando a súa día a día por completo. Marinetti quere quedar con el, e para iso dille que é unha noz e que, segundo unha antiga lei, todos os froitos que caen no seu xardín perténcenlle

Obra teatral 'Soy una nuez'
Obra teatral 'Soy una nuez' / Zum Zum teatre Pontevedra

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá este domingo 30 de outubro unha dobre sesión da obra de teatro 'Soy una nuez', destinada ao público familiar a partir dos 4 anos. Forma parte do ciclo Domingos do Principal.

Cunha duración de 60 minutos, o espectáculo contará, ás 12:00 e ás 18:30 horas, a vida da avogada Marinetti, unha muller implacable e amargada que denunciou a case todo o barrio.

Con todo, a súa vida cambia cando coñece a Omar, un neno refuxiado que caeu dunha rama da súa nogueira, transformando a súa día a día por completo. Marinetti quere quedar con el, e para iso dille que é unha noz e que, segundo unha antiga lei, todos os froitos que caen no seu xardín perténcenlle.

O xuíz e o fiscal, incrédulos, escoitan ás testemuñas, mentres Omar lembra como tivo que fuxir dun país en guerra e como perdeu aos seus pais no mar, esperando unha oportunidade na vida.

As entradas poderán comprarse a través da páxina web de Ataquilla.com por 4 euros máis gastos de xestión.

O espectáculo de teatro recibiu o premio FETEN 2021 á Mellor Dirección e Interpretación Coral.