'A Moura que creou o mundo. O mito galego da creación', un conto de Taboada e Quintía para este Nadal

Pontevedra
21 de decembro 2020

Xa está á venda este libro que vai dirixido a un público infantil pero que poden gozalo tamén os adultos. A edición conta cunha serie de fotografías de lugares reais pertencentes a xeografías míticas da Moura

'A Moura que creou o mundo. O mito galego da creación'
'A Moura que creou o mundo. O mito galego da creación'

Nova publicación realizada pola empresa Polo Correo do Vento e Ab Origine para estas festas do Nadal: 'A Moura que creou o mundo. O mito galego da creación'.

Trátase dun conto ilustrado por Carlos Taboada e escrito por Rafael Quintía que xa se atopa á venda nas librerías. A historia céntrase na figura da Moura como creadora do mundo. 

Desta forma, a narración flúe polo relato cultural sobre a creación do mundo no que este personaxe da Moura, coas súas caras de vella, señora e nova, ocupa un papel singular dentro da tradición de Galicia.

Castros, petróglifos, ríos, fontes, fervenzas, montañas, mámoas son froito da Moura. Durante as páxinas desta publicación explícase aos escolares como se desenvolve esta historia transmitida de maneira oral durante séculos.

O libro diríxese a un público infantil pero é  disfrutable tamén por adultos. A edición inclúe O Manual da Moura, onde se explica de forma resumida e amena a complexa figura do personaxe que dá título ao libro. Ademais tamén se recollen fotografías de lugares reais pertencentes a xeografías míticas da Moura.

Arquivado en