A maxia continúa na Pedreira: de Pedro Volta ao Mago Teto

Pontevedra
12 de agosto 2020

As chuvias da mañá deste mércores non impedirán que a xornada festiva se desenvolva con normalidade en distintas prazas da cidade do Lérez con motivo das Festas da Peregrina. Haberá actividades como Ven Trebellar nas Peregrinas, Xeira das Artes e a Pontevedra Máxica

Actuación do mago Pedro Volta
Actuación do mago Pedro Volta / Cristina Saiz

As choivas da mañá deste mércores 12 non afectarán o desenvolvemento da xornada festiva que continuará ofrecendo numerosas actividades en distintas prazas e espazos públicos da cidade con motivo das Festas da Peregrina.

Ás 19.30 horas, a Alameda acollerá 'Con fusión' de Piscore e ás 20.00 horas será a praza de Cítara o escenario de 'Bailando con contos', un espectáculo de  Baobab Teatro que se inclúe nas propostas de 'Ven Trebellar nas Peregrinas'.

Ás 20.00 horas, a poeta Tamara Andrés e Neves Seara realizarán unha  performance na praza da Curtidoira dentro da programación de ' Xeiras das Artes', que tamén ofrece a actuación da narradora Bea Campos e da ilustradora Antía Iglesias nos xardíns de María Vitoria Moreno a partir das 21.30 horas.

E continuará 'Pontevedra Máxica', o mellor encontro do público co mundo da maxia. Se este martes actuaba o mago pontevedrés Pedro Volta na Praza da Pedreira, este mércores serán Fran Rei con 'A historia de Brancaflor' a partir das 20.30 horas e o mago Teto co seu espectáculo 'O afiador', ás 22.30 horas, os que se suban a este escenario. 

O mago Teto neste espectáculo utilizará as ferramentas típicas que utilizan os afiadores durante os séculos  XVIII e  XIX como coitelos, navallas, paraugas e tesoiras para ofrecer números espectaculares.

Ademais continuarán os concertos en distintos puntos da cidade e os fogos artificiais sorpresa a media noite.

Arquivado en