Eli García é unha artista creativa que habitualmente traballa como ilustradora científica.
Desde o estado de alarma dedica tempo con frecuencia a facer viñetas diarias recollendo pequenas situacións do confinamento que mantén coa súa parella debido á expansión do virus.
Eli García púxose como reto entreter a cantas persoas queiran ler as súas viñetas en PontevedraViva durante estes días complicados e ofrecerá aos lectores momentos simpáticos coa intención de entreter ao maior número de persoas posible.