A asociación O Faiado da Memoriaproxectará o sábado 7 de febreiro o documental A volta dos nove no Salón da Casa de Cultura na rúa Rei Daviña a partir das 20.30 horas.
Trátase dun documental que se veu proxectando en distintas localidades de Pontevedra e da Coruña no que se conta a historia dun suceso con tinguiduras de vinganza que se remonta ao 15 de outubro de 1936 na vila de Baiona. Alí foron asasinadas nove persoas, un suceso, que provocou unha das manifestacións de resistencia silencios máis rechamante en Galicia. Persoas anónimas, homes e mulleres, comezaron a marcar, no mesmo lugar no que foron asasinados, nove cruces na memoria dos defuntos, acto que se foi facendo día a día ata ben entrada a democracia, cando se decidiu perpetuar estes feitos con pintura.
Na gravación participaron persoas e colectivos de Vilagarcía como a asociación Nydia e o grupo de Teatro Clámide.