A gala da asociación Xuntos enche o Pazo da Cultura

Pontevedra
09 de xaneiro 2016

A Gala Benéfica Síndrome de Down que organiza a asociación Xuntos encheu este venres o Pazo da Cultura na súa edición número dezanove deste festival que serve para recadar fondos destinados a financiar e potenciar o Servizo de Promoción de Autonomía Persoal que comprende as áreas de traballo deste colectivo

Gala da asociación Xuntos
Gala da asociación Xuntos / Diego Torrado

A Gala Benéfica Síndrome de Down que organiza a asociación Xuntos encheu este venres o Pazo da Cultura na edición número dezanove deste festival que serve para recadar fondos destinados a financiar e potenciar o Servizo de Promoción de Autonomía Persoal que comprende as áreas de traballo deste colectivo.

Entre o máis aplaudido polo público estivo a obra teatral "Viaxe a ningunha parte", interpretada por membros da asociación.

O festival contou coa participación do numerosos artistas como o dúo cubano "A Ricura", a Charanga Compostela, Pili Pampín e Javier Araújo, "Sons de Tabernas" e "Skylight" así como de Iker coñecido como "O pequeno Rafael", participante do programa de Telecinco "Pequeños Gigantes" e o mago Teto xunto con Cristian Show.

Fiel, como cada ano, con esta cita solidaria estivo Ángel Barry, director musical do evento.