A Fundación Amigos de Galicia este mércores 26 de abril unha campaña de recollida de libros de lectura educativos para escolares de entre 0 e 12 anos co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis pequenos e conseguir que os nenos teñan acceso aos libros. A campaña manterase activa ata o 3 de maio.
Os libros que se entreguen nesta campaña deben ter unha temática educativa e ser libros orientados a menores de 12 anos, ademais de atoparse en bo estado. Os puntos de recollida son en Pontevedra, na Casa da Luz, en horario de 10.00 - 13.30 horas e de 16.30 a 20.00 horas. En Vilagarcía de Arousa, a recollida será na sede da Fundación Amigos de Galicia, situada na avenida López Ballesteros 9, en horario de 07.00 a 15.00 horas.
Os libros que se consigan ao fializar a campaña serán repartidos entre os escolares que a entidade atende. A Fundación organizará tamén sesións de lectura en voz alta en diferentes Concellos, sesións nas que o persoal desta organización ademais de entregar o exemplar realizará unha lectura dun conto que teña valores de solidariedade.
Nestas sesións tamén se realizará unha lectura dun fragmento dun libro do escritor Carlos Casares, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Durante todo o ano entréganse libros de lectura a través da Fundación coa intención de que as trabas económicas das familias con menos recursos non se convertan nun obstáculo para acceder á lectura.