'A Foreing Song, unha canción estranxeira', producida por Matriuska, mellor película española no Festival Internacional de Gijón

Pontevedra
19 de novembro 2022

A película está escrita e dirixida por César Souto e producida por Daniel Froiz de Matriuska Producciones. Rodouse durante tres anos entre as cidades de Nova York, Hartford e Santiago de Compostela. A trama trata sobre a figura do poeta americano Wallace Stevens

Alberte Branco, César Souto e Daniel Froiz
Alberte Branco, César Souto e Daniel Froiz / Matriuska Producciones

Novo éxito para o pontevedrés Daniel Froiz, de Matriuska Producciones, ao lograr que a película 'A Foreing Song, unha canción estranxeira', dirixida por César Souto, lograse o premio ao mellor filme español na 60 edición do Festival Internacional de cinema de Xixón (FICX).

A película escrita polo propio director rodouse durante tres anos entre as cidades de Nova York, Hartford e Santiago de Compostela. A historia vira sobre a figura do poeta estadounidense Wallace Stevens, que obtivo o Premio Pulitzer de Literatura en 1955 e foi un dos autores máis importantes do movemento vangardista da literatura inglesa no século XX.

César Souto acadou, ademais, o premio RC Service ao director da mellor película española. A dirección de fotografía da película corresponde a Alberte Branco e colaboran no proxecto tanto a Xunta de Galicia como o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais.

Daniel Froiz, ademais de produtor, é o director do festival internacional de cinema en Pontevedra Novos Cinemas, que se celebra no mes de decembro.