A recta final para o Entroido en Pontevedra comezou este venres co concerto que, para un público infantil e familiar, ofreceu Uxía Lambona e a Banda Molona na Praza de España.
Cun espectáculo titulado Un día de circo, o grupo apostou por unha estética circense para animar esta festa infantil, mesturando as súas tradicionais versións de temas clásicos da música galega co seu repertorio habitual.
A Praza de España, na que se habilitaron cadeiras para seguir o concerto, quedou pequena ante a afluencia de público que, ao longo do espectáculo, cantaron e bailaron ao ritmo da música da banda.