O público infantil foi protagonista durante a xornada deste martes 13 de agosto nas Festas da Peregrina cunha dobre cita.
Primeiro foi a Batalla de Flores, para despois tomar a testemuña o espectáculo 'Tarzán, o musical', que se representou na Praza de España ás 21.00 horas desafiando á lixeira choiva que refrescou o tramo final da xornada.
Unha festa infantil que, pese a todo, non quixeron perder os nenos e nenas, seguindo o musical que repasa a historia do popular personaxe de animación.
Tras esta cita a música volverá ao primeiro plano este mércores día 14 nas Festas da Peregrina coa actuación na Praza de España, desde as 22.30 horas, de Nil Moliner, á que se sumará un concerto de Caamaño & Ameixeiras na Praza da Ferrería (21.00 horas).