A Ferrería inúndase coa 'Voz' do blues

Pontevedra
20 de xullo 2013

As estrelas máis internacionais da edicion 2013 do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra empezaron a desfilar pola praza da Ferrería deixando unha imaxe de cheo absoluto moi similar á ofrecida nos últimos anos. O público invadiu este venres a praza e a voz de Shemekia Copeland invadiu o ambiente

As estrelas máis internacionais da edicion 2013 do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra empezaron a desfilar pola praza da Ferrería deixando unha imaxe de cheo absoluto moi similar á ofrecida nos últimos anos. O público invadiu este venres a praza e a voz de Shemekia Copeland invadiu o ambiente.

Shemekia Copeland está considerada a Raíña do blues e con apenas 30 anos compartiu xa escenario cos Rolling Stone ou Eric Clapton e encabezou o cartel do Chicago Blues Festival, probablemente o festival de blues máis importante do mundo. Este venres foi a elixida para o primeiro día de concertos na Ferrería tras dous días na praza do Teucro.

A cantante chegaba con moi boa previsposición despois de que na súa primeira actuacón en Pontevedra, no ano 1995, resultase todo un éxito. Nesta ocasión, tamén cegou e xerou a mesma expectación que naquela na que aínda estaba a despegar unha carreira que agora a levou ao cume do blues internacional.

Un concerto máis e Shemekia Copeland rematará a súa xira europea co album 33 1/3, editado hai uns meses e que foi candidato aos premios Grammy. Nel móstrase unha vez máis como digna herdeira da rica tradición musical asentada polas grandes divas do soul e o blues como Ruth Brown e Etta James. E herdeira tamén do talento musical do seu pai, o lendario guitarrista Johnny Clyde Copeland. 

Este sábado será a quenda de Paco Charlín, un dos máis brillantes músicos de jazz galegos. O contrabaixista de Vilanova de Arousa liderará unha banda gallegoportuguesa e norteamericana. Gravou cos principais artistas do mundo, unha carreira musical que compaxina coa docencia no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Quen o coñece destaca que é un dos máis firmes valores da nova xeración do jazz galego.

A segunda das noites dedicadas ao blues na Ferrería estará protagonizada por Eugene 'Hideway' Bridges, un auténtico nómade da música. Ten unha das voces máis frescas e únicas do blues actual que recorda a un dos seus ídolos, Sam Cooke. Unido á maxia que crea coa súa guitarra, o resultado é un estilo propio con grandes doses de versatilidade que lle permite probar co blues, o soul, o góspel ou o funk.

E o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra resérvase para o seu último día, o luns 22 de xullo, un dos seus maiores atractivos. Trátase de Vijay Iyer Trío, que actuará por primeira vez en Galicia. Está considerado como o músico de jazz máis emerxente do momento. Nun xénero, o jazz, cada vez máis globalizado, quizais o deste instrumentista e compositor sexa o mellor exemplo de cara a onde se dirixe este estilo. Tras 16 discos editados, chega a Pontevedra para presentar o seu último traballo, Accelerando.

Arquivado en