A familia Cotton despide os Domingos do Principal

Pontevedra
20 de novembro 2022

Anita Maravillas e Portal 71 ofreceron no Teatro Principal o último espectáculo deste ciclo familiar con dous pases onde a aventura e a diversión foron os protagonistas principais

'Las Cotton' de Anita Maravillas e Portal 71
'Las Cotton' de Anita Maravillas e Portal 71 / Cristina Saiz

O ciclo Domingos do Principal de teatro familiar pecha as súas portas nesta edición despois da dobre sesión dominical celebrada este 20 de novembro coa actuación de Anita Maravillas e Portal 71 e o seu espectáculo 'Las Cotton'.

A proposta de monicreques ía destinada a público maior de cinco anos, que ao longo de cincuenta minutos puido gozar das historias da familia Cotton, que se dirixe á cidade en busca dunha nova vida e atópase con múltiples aventuras e emocións.

Durante a sesión, o público infantil comprobou como se desenvolvían as intrigas entre as teas, as máquinas de coser, os fíos e diferentes perigos que sorprendían á nai e as dúas fillas, protagonistas da historia.

Este espectáculo obtivo o premio Feten 2021 como mellor obra de monicreques.