A dozura eléctrica de Anni B Sweet deixa paso ao novo flamenco de Antonio Carmona nas Festas de San Roque

O Salnés
19 de agosto 2024

O ex integrante de Ketama e membro da familia dos Habichuelas, coñecidos polo seu legado no flamenco, ofrecerá este martes 20 un espectáculo onde fusionará flamenco con ritmos latinos e sons contemporáneos a partir das 22.30 horas no Parque da Xunqueira

Anni B Sweet durante o concerto en Vilagarcía
Anni B Sweet durante o concerto en Vilagarcía / Concello de Vilagarcía de Arousa

Este domingo 18 de agosto, a artista malagueña Anni B Sweet ofreceu un concerto memorable na Xunqueira, no marco das Festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa.

A cantante presentaba o seu último disco, 'Universo por estrenar'', Anni B. Sweet estivo acompañada pola banda Rufus T. Firefly, logrando crear unha atmósfera única e cativando ao público con temas que mesturan pop, psicodelia e toques electrónicos.

As Festas de San Roque continúan este martes 20 cunha ampla oferta de actividades para todas as idades.

A xornada comeza co pasacalles "Animarte", estreado pola compañía Tchyminigagua e a asociación local Con Eles.

Ao mediodía, o máxico food truck de Culturactiva ofrecerá un espectáculo divertido e participativo nos Xardíns de Ravella, combinando humor, maxia e música en directo para o goce de grandes e pequenos.

Pola tarde, o Festaclown trae dúas propostas destacadas: "Burbujas", unha comedia baseada en pompas de xabón na Praza de Galicia, e "Sueños Encantados", un espectáculo de teatro acrobático da compañía colombiana Tchyminigagua, que se representará na Praza da II República.

O punto culminante do día será o concerto de Antonio Carmona no Parque da Xunqueira.

O ex integrante de Ketama e membro da familia dos Habichuelas, coñecidos polo seu legado no flamenco, ofrecerá un espectáculo onde fusionará flamenco con ritmos latinos e sons contemporáneos a partir das 22.30 horas.