"A literatura escrita, a arte de escribir, é un proceso fundamental para visibilizar a realidade", explicou a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías.
Con esta premisa o Concello de Pontevedra convoca na súa cuarta edición o Premio Literario Pinto e Maragota "para achegarse á diversidade sexual e de xénero de forma pausada".
Así, poderán presentarse, ata o 28 de setembro, textos con esta temática, de narrativa, teatro ou poesía. Nos dous primeiros casos e se están dirixidos a público adulto, terán un mínimo de 90.000 caracteres e en poesía 500 versos; se están dirixidos a público infantil non se limita extensión.
O concurso está dotado cun único premio de 3.000 euros. Os traballos, en formato PDF, remitiranse ao mail igualdade@pontevedra.eu co asunto 'IV Premio Literario Pinto e Maragota'. As persoas interesadas en participar poden consultar os detalles nesta ligazón.
Gulías tamén fixo un agradecemento público á editorial Xerais por "ser a única que apostou por este concurso e que fixo que fósemos en Galicia os primeiros en lanzar este tipo de convocatoria"; engadindo que "estamos orgullosos de ser un concello orgulloso e diverso, sacando iniciativas pioneiras en diversidade de xénero".
Nas tres ocasiones anteriores, as autoras gañadoras foron María Reimóndez con 'Cobiza' Carmen Granxeiro con 'Estranxeiras' e a máis recente Carmen Caramés con 'Todo ou que doe'.