A Deputación recibe 38 obras para participar no certame Novos Valores 2020

Pontevedra
03 de setembro 2020

A deliberación para seleccionar ás catro persoas gañadoras, que recibirán bolsas de 7.500 euros para ampliar a súa formación, será o vindeiro xoves 10 de setembro

Inauguración da exposición 'Novos Valores' no Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición 'Novos Valores' no Museo de Pontevedra / Mónica Patxot

A Deputación de Pontevedra recibe 38 obras para participar no certame de Novos Valores 2020. A limitación desta edición a persoas maiores de 35 anos fixo que o número de traballos presentados fose máis baixo que nos anos anteriores, cando roldaban os cen. O xurado decidirá os gañadores do certame o 10 de setembro. O premio para os catro triunfadores que elixan será de bolsas valoradas en 7.500 euros para continuar os seus estudos artísticos.

O xurado estará formado polo vicepresidente da Deputación, Césár Mosquera, como presidente; Carlos Cadrado, como secretario; e como vogais estarán José Manuel Rey García, director do Museo Pontevedra; María Asunción Rodríguez Rodríguez, directora da galería Trinta e Académica de Número da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de Expertos en Artes; Itziar Ezquieta Chamas, artista plástica e docente na Universidade de Vigo; Carmen Hermo Sánchez, artista e docente; Agar Ledo Arias, historiadora da arte e investigadora, integrante do Departamento de Coleccións do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid; e o artista Alfonso Costa Beiro. 

Os encargados de valorar as obras realizarán unha primeira visualización das pezas das diferentes disciplinas: pintura (11), escultura (9), fotografía (3), gravado (4), debuxo (2) , deseño (1), vídeo (5), e varios (3) para, a continuación, realizar a selección definitiva das obras gañadoras e das participantes na exposición (25).

Os traballos seleccionados expoñeranse ao público entre o 15 de outurbro e o 15 de novembro no Sexto Edificio. A concesión das catro bolsas será obxecto dun convenio entre os adxudicatarios e a Deputación polo que deberán entregar unha memoria xustificativa do traballo realizado e tamén unha obra orixinal e asinada.