A curta francesa 'L'enfant Salamandre', gañadora do FICBUEU 2022

Bueu
18 de setembro 2022

En total entregáronse outros cinco galardóns, ademáis do Premio Cinema Galego a Miguel de Lira

Gala final do FICBUEU 2022
Gala final do FICBUEU 2022 / FICBUEU

O 15º Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) xa ten gañadores.

O triunfador na súa sección oficial foi a curtametraxe francesa 'L'enfant salamandre', de Théo Degen, unha historia que conta a historia de Florian, un neno que aos 15 anos pensa que se pode comunicar cos mortos a través do lume e que se levou unha recompensa económica de 2.000 euros.

En segundo lugar, cun premio de 1.000 euros, quedou o flim romanés 'Interfon 15', de Andrei Epure.

Pola súa banda o Premio do Público foi para a produción neerlandesa 'Vlekkeloos', de Emma Branderhorst. 

O palmarés do FICBUEU 2022 complétano 'Rompente' de Eloy Domínguez Serén e 'El sembrador de estrellas', ex aequo no Premio Galicia R á mellor obra galega; 'Alopècia Androgènica’ de Salvador Sunyer como mellor curta española; unha meción especial para 'Harta' de Júlia de Paz; e 'Minimal sway while starting my way up' na categoría Descubrimentos.

Para concluír, no acto final do FICBUEU entregouse Premio Cinema Gallego 2022 a Miguel de Lira.