A Sala Nauta expón ata o próximo 15 de setembro a mostra "Arte sobre papel", un compendio de estilos e expresións artísticas que abarca desde a acuarela, debuxo, plumilla, gravado, pastel e a fotografía.
Esta exposición reúne a máis dunha decena de artistas, entre os que se atopan Paz Pose, Dolores Mato, Rosario Puente, Juliana González, Julia San Martín, María José Puente, Ana Cancela, Melania Gómez, Marga Santiago, María del Carmen Valverde, o colectivo Ollares de Portonovo, Francisco Hervella, Salvador Galván e Alejandro Chenlo.
A posta en marcha da exposición multicultural tivo lugar este luns, coa presenza da concelleira de educación do Concello de Sanxenxo, Nati Parada; o presidente do Círculo Cultural Deportivo, Paco Hernández; e a coordinadora da mostra, a artista Ana Cancela.
"Nós seguimos coas iniciativas culturais. Esta xa é a quinta exposición deste ano, dúas aquí, na Sala Nauta, e tres na Cultural, sempre aberta a recibir novas propostas artísticas para expoñer na súa sala principal", comentaba Hernández.
"A nós gústanos moito a acuarela e queremos darlle visibilidade para que as persoas empécenlle a dar valor", explicaba Cancela. "Ao ser arte sobre papel, ocorréusenos que tamén lle poderiamos dar cabida aos fotógrafos e de aí ao debuxo, ao pastel, gravado, tantísimas posibilidades que ten a arte sobre papel, que pensamos que hai que ensinalo, que hai que mostralo", dicía a artista de Santiago de Compostela.
Pola súa banda a concelleira felicitou ás artistas participantes por esta iniciativa e aproveitou a súa intervención para "convidar a toda a xente a que veña á Sala Nauta porque merece moito a pena, pola súa variedade de estilos e por calidade".
A exposición estará aberta ata o próximo 15 de setembro, en horario de 19 a 22 horas.