A igrexa do Divino Salvador de Lérez acollerá este próximo sábado 16 de marzo un concerto de música sacra a cargo da Coral Polifónica de Pontevedra.
Dará comezo ás 19.00 horas e baixo a dirección de Nanette Sánchez Ordaz que estará acompañada da pianista Carmen Ardao Vilageliú ofrecerán un repertorio que inclúe obras de Tomás Luis de Victoria, Viadana, Handl, Fauré e Mozart, entre outros compositores.
O recital contará ademais, como solistas, coas sopranos da Coral Polifónica Pilar Baamonde Lusquiños e Pilar García Pinal.
Desde a Polifónica agradecen a colaboración da parroquia de Lérez para a programación deste concerto que é unha mostra da súa intención por levar a música coral ás parroquias de Pontevedra e na liña do programa que queren ofrecer o próximo ano cando se cumpre o centenario da súa fundación.