A cátedra José Saramago desenvolverase en decembro unindo diferentes eidos culturais

Pontevedra
17 de novembro 2017

Comunicación, arte e política serán tres dos aspectos a abordar na segunda edición das xornadas internacionais que a cátedra dedicará ao Nobel portugués os días 4 e 5 de decembro na Casa das Campás

Cátedra José Saramago
Cátedra José Saramago

A segunda edición das xornadas internacionais daCátedra Internacional José Saramagodesenvolverase os días 4 e 5 de decembro na Casa dás Campás de Pontevedra.

Ao longo desas dúas xornadas ofreceranse once conferencias e comunicacións, ademais da exposición de traballos de animación e videoxogos realizados por estudantes universitarios inspirándose na obra do escritor portugués. Tamén se realizará unha representación teatral.

O título das xornadas será 'Saramago nos 300 Anos do Convento de Mafra: Comunicación, Arte e Política' e a organización correrá a cargo polos investigadores Burghard Baltrusch, Carlos Nogueira, Sofía Malvido e Antía Monteagudo, coa colaboración da Vicerrectoría do campus, segundo publica o DUVI.