Estas xornadas, que se desenvolven ata o 5 de decembro, contan cunha exposición con cinco animacións realizadas por alumnado do máster en Libro Ilustrado e Animación audiovisual empregando a maquinaria ideada polo intelectual no libro Memorial do Convento.
Ademais, durante a xornada do xoves, ás 19.00 horas, está previsto que se realice unha performance titulada 'Do poleiro a sombra', a cargo do grupo Electroplasma, formado polo peta vigués Xurxo Nóvoa e o músico portugués Alexandre Soares. Será na Sala X, de Belas Artes.
Á inauguración, ademais de diversos representantes da Universidade de Vigo como a vicerreitora de Comunicación, Mónica Valderrama e Silvia García, decana da Facultade de Belas Artes, asistía a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, que quixo facer referencia á obra 'A Caverna', indicando que en Pontevedra se prioriza ás persoas e aos oficios.