A Biblioteca de Ponte Caldelas celebra o Día das Letras Galegas

Ponte Caldelas
15 de maio 2017

Programáronse actividades para nenos na biblioteca que tamén acollerá unha exposición sobre Carlos Casares, o escritor a quen está dedicada a festividade deste ano

Biblioteca de Ponte Caldelas
Biblioteca de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas celebrará este martes, a partir das 19.15 horas, o Día das Letras Galegas.

O alcalde, Andrés Díaz, será o encargado de inaugurar a exposición sobre Carlos Casares, o escritor a quen está dedicada a festividade deste ano.

O director da coral Valdarrosa, Iván Gulín, interpretará temas medievais e o alcalde dirixirá unhas palabras para destacar a importancia dunha data dedicada á literatura en galego.

Por outra banda, o xoves 18, os nenos da Escola Infantil visitarán a biblioteca e participarán das actividades preparadas polas educadoras do centro educativo.

Arquivado en