A Banda de Música de Salcedo tributa a súa homenaxe a Carlos Casares

Pontevedra
17 de maio 2017

A agrupación musical ofreceu un concerto con motivo do Día das Letras Galegas no Teatro Principal de Pontevedra baixo a dirección de Marcel van Bree, director titular da Banda de Salcedo

Concerto da Banda de Música de Salcedo para celebrar o Día das Letras Galegas 2017
Concerto da Banda de Música de Salcedo para celebrar o Día das Letras Galegas 2017 / Diego Torrado

A música tamén quixo sumarse á celebración do Día das Letras Galegas cun concerto que se celebraba este mércores ao mediodía no Teatro Principal de Pontevedra, a cargo da Banda de Música de Salcedo.

A agrupación, baixo a dirección do seu titular, Marcel van Bree ofreceu temas de diferentes autores galegos como homenaxe á figura do escritor Carlos Casares.

Desta forma, a histórica agrupación da parroquia de Salcedo interpretaba diversas pezas como Bagaxes, de Carlos Rodríguez Torres, Alborada Galega, de Pascual Veiga ou Lonxe da Terriña de Juan Montes.

Arquivado en