A Banda de Música de Pontevedra aporta a súa creatividade no Salón do Libro en 'Peer Gynt'

23 de marzo 2017

Este xoves poderá verse no Teatro Principal o clásico de Henrik Ibsen 'Peer Gynt', adaptado por Viravolta Títeres coa colaboración da Banda de Música de Pontevedra. O venres, Sarabela Teatro representará no Pazo da Cultura a obra 'Normas para saber vivir na sociedade actual'

Rafael Agulló na presentación como novo director da Banda de Música de Pontevedra
Rafael Agulló na presentación como novo director da Banda de Música de Pontevedra / Diego Torrado

A Banda de Música de Pontevedra, baixo a batuta de Rafael Agulló, colabora este xoves coa compañía Viravolta Títeres na representación do conto musicado 'Peer Gynt', unha adaptación do clásico de Henrik Ibsen con música do compositor Edward Grieg. Esta historia conta a vida dun mozo fantasioso que pretende deixar a súa aldea para enriquecerse e converterse no Rey do Mundo. 

Será a partir das 18.30 horas no Teatro Principal con entradas a un prezo de 3 euros.

A programación do Salón do Libro continuará o venres coa montaxe de 'Normas para saber vivir na sociedade actual', unha obra da compañía ourensá Sarabela Teatro. Escrita en 1.993 por Jean-Luc Lagarce, o autor contemporáneo máis representado en Francia. Este traballo parte dun manual de boas maneiras escrito no século XIX pola baronesa de Staffle. A obra mostra como unha sociedade hipócrita fai imposible a sinceridade.

Este espectáculo está dirixido por Ánxeles Cuña Bóveda cun elenco encabezado por Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo, Fernando Dacosta e o músico Vadzim Yukhnevich. Poderá verse o venres 24 ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e a montaxe está dirixida a menores de idades que superen os 10 anos.

Arquivado en