Os días 5 e 6 de marzo serán as datas de celebración do 57 Concurso Internacional da Camelia que organiza a Deputación de Pontevedra. Nesta ocasión, instalarase unha carpa na avenida de Montero Ríos fronte ao Palacio Provincial para mostrar os exemplares que se presenten a esta cita.
Xa se atopan publicadas as bases do certame no Boletín Oficial da Provincia. O prazo para presentar solicitudes de participación finaliza o 28 de febreiro. As persoas interesadas poden presentarse a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Deputación.
As solicitudes tamén se poden presentar en persoa nos lugares e rexistros da Deputación, nas oficinas de Correos, nas representacións diplomáticas e oficinas consulares de España no estranxeiro, en oficinas de asistencia en materia de rexistros. Nestes casos débese utilizar o formulario de solicitude presencial que tamén figura na ligazón da sede electrónica da Deputación.
Cada participante deberá indicar no formulario as modalidades nas que desexa participar e elixir o espazo para expoñer, que pode establecerse en 1, 2 ou 5 metros. A organización habilitará un lugar especial fose de concurso para que as persoas cultivadoras menores de idade e cultivadores que non concursen tamén poidan expoñer as súas flores.