"A auténtica vida salvaxe", a banda clandestina de troula no Salón do Libro

Pontevedra
03 de maio 2021

O Salón do Libro tivo este domingo unha estrea dun espectáculo musical feito en exclusiva para este evento: "A auténtica vida salvaxe" de man de María Lado, Lucía Aldao e Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra

"A auténtica vida salvaxe" con María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz
"A auténtica vida salvaxe" con María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz / Cristina Saiz

O Salón do Libro tivo este domingo unha estrea dun espectáculo musical feito en exclusiva para este evento: "A auténtica vida salvaxe" de man de María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. 

A banda clandestina que cada noite toca nun recuncho diferente da cidade: co gato Tilín á batería, o felino Chusón á guitarra e o minino ninja Mijau no contrabaixo e ás voces da cerva Clementina e a raposa Libia. 

Con Paspallás este domingo houbo un roteiro pola Illa das Esculturas. Co título de "Gabinete de curiosidades pola Illa do Covo" a cativada explorou, esculcou e descubriu unha chea de cousas no noso entorno máis próximo. "É algo lóxico porque cando cambia o modo de ver, cambia o mundo que temos diante", explicaron desde Paspallás..

Por certo que este domingo a furgoneta RodaLibros tamén fixo parada na Illa do Covo pola mañá e no miradoiro da Tomba pola tarde sorprendendo a todos os que por alí andaban de paseo e amosando que os libros e actividades chegan a todas partes sobre rodas.

Tamén o curso de A Terra e Nós, de Pura Seoane, centrouse na vida das prantas aromáticas, explorando as súas propiedades e usos mediciñais. Falaron da forma de recolección e secado óptimo para o seu consumo. 

 

 

Arquivado en