A arte veranea nos escaparates pontevedreses

Pontevedra
14 de xuño 2015

Dende o ano 2001 a Asociación Artístico Cultural de Pontevedra acode puntual á súa cita coa arte nos escaparates do comercio pontevedrés

Veranee con arte
Veranee con arte / Daniel Santomé

Dende o ano 2001 a Asociación Artístico Cultural de Pontevedra acode puntual á súa cita coa arte nos escaparates do comercio pontevedrés.

Nesta ocasión reuniu o traballo de trinta membros deste colectivo que participan en Veranee con Arte.

Cari Rubio, Cajete, Ramón García, Alba Paz, Carmela Agra, Carmen Álvaro, Dalia Ponte, Marina Cocós, Eulogio Gavela, Ángeles Fondevila, Berta Lima, Estrella Teijeiro, Lola Couto, Carmen Martín, José Crespo, Pili Soliño, Isabel Leyes e Remedios Priegue, son algúns dos autores das obras expostas.