A aclamada "Anatomía dunha caída" chega ao Cineclube

Pontevedra
15 de xaneiro 2024

A película francesa Anatomía dunha caída, un dos filmes máis aclamados da tempada, abrirá a programación do Cineclube Pontevedra este 2024. O Teatro Principal acollerá a proxección este martes 16 de xaneiro, ás 20:30 horas

Fotograma da película "Anatomía dunha caída"
Fotograma da película "Anatomía dunha caída"

A película francesa Anatomía dunha caída, un dos filmes máis aclamados da tempada, abrirá a programación do Cineclube Pontevedra este 2024.

O Teatro Principal acollerá a proxección este martes 16 de xaneiro, ás 20:30 horas. A entrada é libre para as persoas socias. O resto terá que abonar unha cota de 3 euros. A película verase en versión orixinal subtitulada en galego.

Anatomía dunha caída é a recente gañadora do Globo de Ouro á mellor película de fala non inglesa, ao que tamén optaba a española La sociedad de la nieve.

Ambas son as grandes favoritas para levar o Óscar, que entregarán en marzo.

O filme francés, que xa gañou tamén a Palma de Ouro no festival de Cannes, está dirixido pola realizadora Justine Triet e narra a historia de Sandra, unha escritora alemá que vive co seu marido Samuel e o seu fillo Daniel nun chalé illado no medio dos Alpes franceses.

Cando Samuel falece en misteriosas circunstancias, a investigación non pode determinar se se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandra é xulgada por asasinato e o proceso pon o seu tumultuosa relación e a súa personalidade no punto de mira.

Sandra Hüller, Swann Arlaud, Milo Machado-Graner, Antoine Reinartz e Samuel Theis son os protagonistas desta película.