56 curtas competirán no Festival Telearqueoloxía

Pontevedra
15 de novembro 2016

Os traballos seleccionados, que recibirán un total de 10.000 euros, daranse a coñecer nunha gala o venres 16 de decembro

Gravación dun documental
Gravación dun documental / Peter Buxton

56 películas aspiran a facerse cos premios do I Festival de curtametraxes sobre patrimonio arqueolóxico de Pontevedra, "Telearqueoloxía". 

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, asegurou que "proxectos coma este fan accesible a investigación a toda a cidadanía e demostran a nosa aposta polo coñecemento e respecto ao patrimonio"

Os traballos seleccionados, que recibirán un total de 10.000 euros, daranse a coñecer nunha gala o venres 16 de decembro.

O director do Museo, Carlos Valle, destacou que o obxectivo do festival é procurar novos públicos e idades que non son habituais no Museo de Pontevedra: "Queremos crear unha canteira e que este proxecto sirva para achegar a máis xente ás nosas salas, non só ás relacionadas coa arqueoloxía, senón tamén a moitas outras, xa que este é un macromuseo", dixo.