33 bandas pontevedresas cun mesmo obxectivo: telonear un concerto das Festas da Peregrina

Pontevedra
13 de maio 2013

Volven os 15 bolos. De que se trata? ÿ un concurso organizado polo Local de Música de Pontevedra para as bandas emerxentes da cidade. Doce delas mostrarán a súa música nun ciclo de concertos que se celebrarán entre os días 29 de xullo e o 2 de agosto na Praza do Teucro e a Praza da Verdura. Pero o gran premio será só para unha. Será o grupo teloneiro dun dos concertos das Festas da Peregrína

Thee Blind Crows, gañadores do Fest 2013, a II edición do concurso de grupos do Local de Música
Thee Blind Crows, gañadores do Fest 2013, a II edición do concurso de grupos do Local de Música / Diego Torrado

Volven os 15 bolos. De que se trata? ÿ un concurso organizado polo Local de Música de Pontevedra para as bandas emerxentes da cidade. Doce delas mostrarán a súa música nun ciclo de concertos que se celebrarán entre os días 29 de xullo e o 2 de agosto na Praza do Teucro e a Praza da Verdura. Pero o gran premio será só para unha. Será o grupo teloneiro dun dos concertos das Festas da Peregrína.

En total, optan a participar en 15 bolos un total de 33 grupos. Segundo a organización do concurso, trátase de bandas cunha ampla variedade de estilos, aínda que a maioría delas se decantan polo rock e o metal. Nas próximas semanas, reunirase un xurado especializado para analizar todas as propostas e escoller aos grupos que participarán tanto nos seis concertos propios como no que se incluirá na programación das festas.

Este xurado, que deberá tomar unha decisión consensuada, evaluará as propostas presentadas baixo unha serie de parámetros, entre os que destacan a calidade técnica e musical dos grupos, a profesionalidade e consistencia do proxecto musical, a traxectoria e accións de promoción do grupo, o estilo (hai cabida para todos, pero cada un terá o seu propio escenario) ou a participación do grupo nas actividades do Local de Música.

Ademais dos requisitos musicais, os integrantes dos grupos deberán dirixirse ao público en galego e tocar, polo menos una das súas cancións en galego, ter máis de 16 anos e, polo menos, un dos seus membros ten que estar empadronado en Pontevedra. Para evitar que se presentasen poucas bandas, o Local de Música deu a posibilidade de que se apuntasen bandas que xa tocaron na edición de 2012.

En cada un dos concertos de 15 bolos participarán dous grupos por día, un actuará na Praza do Teucro e outro na Praza da Verdura, salvo o último día, o venres 2 de agosto, no que serán dúas bandas por praza os que tocarán diante dos pontevedreses.

Ademais, como parte do programa Pisando Forte, que organiza a Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra, os grupos participantes poderán participar nun curso que lles ensinará a organizar eventos musicais. A parte práctica desta formación será participar na organización dos concertos deste ciclo musical.

Arquivado en