"3, 2, 1..." de Teatro Ghazafelhos emociona aos espectadores de Domingos do Principal

Pontevedra
09 de febreiro 2015

A compañía galega Teatro Ghazafelhos representou sobre o escenario pontevedrés o espectáculo 3, 2, 1..., unha obra de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de monicreques e obxectos e moita música

Representación de "3, 2, 1..." de Teatro Ghazafelhos no ciclo Domingos do Principal
Representación de "3, 2, 1..." de Teatro Ghazafelhos no ciclo Domingos do Principal / Diego Torrado

Unha curiosa aterraxe produciuse este domingo no Teatro Principal. Unha nave espacial, na que viaxaba un valente astronauta, chegou a un planeta descoñecido. Alí encontrouse cunha extraterrestre que, ao igual que el tamén estaba de exploración. E as testemuñas deste encontro, os nenos que encheron o patio de butacas do recinto para gozar desta nova entrega do ciclo Domingos do Principal.

A compañía galega Teatro Ghazafelhos representou sobre o escenario pontevedrés o espectáculo 3, 2, 1..., unha obra de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de monicreques e obxectos e moita música.

Foi un espectáculo repleto de humor e tenrura que chegou ao corazón dos espectadores pontevedreses, especialmente dos máis novos.

Con esta obra, Domingos dos Principal tómase un merecido, aínda que breve, descanso. Deixa paso ao Entroido e regresará o domingo 22 de febreiro coa representación de As fabas máxicas, obra de Caramuxo Teatro.

Arquivado en