En apenas 3 días, o XV Salón do Libro "Cociñando contos" acadou os 3.000 visitantes.
Esta semán comezan as actividades concertadas cos centros escolares que colaboraron cos seus traballos no Salón. Trinta e seis colexios exhiben na exposición central do salón os seus traballos. Ademais, outros 50 colexios de toda Galicia confirmaron a súa visita.
En total, o salón ten concertada a asistencia nas tres próximas semanas de máis de 8.000 escolares de toda a provincia, 4.300 para tomar parte nas actividades e talleres programados, e os outros 4.000 para asistir aos diferentes espectáculos que se ofrecerán.
Serám dúas quendas diarias de 2 contacontos simultaneos de OQO e Pavís Pavós e catro obradoiros impartidos simultáneamente por Itziar Ezquieta, Tegra G.Pino, Anxo Fariña e VAN divulgación cultural. Ao rematar, os preto de 240 escolares por quenda, realizarán unha visita guiada polo Salón acompañados por varios monitores.