29 obras foron vendidas por 3.500 euros na mostra aberta do Ateneo de Pontevedra con Palestina

Pontevedra
12 de xaneiro 2024

A mostra finaliza a mediados deste mes de xaneiro e nela participan un cento de artistas de Galicia e internacionais que cederon unha obra de arte de pequeno formato para que se poña á venda en liña coa intención de recadar cartos destinados a auga e comida para a poboación infantil de Palestina

Obra de Dolores Guerreiro para a campaña solidaria
Obra de Dolores Guerreiro para a campaña solidaria

Unha mostra artística e solidaria iniciada a mediados de decembro polo Ateneo de Pontevedra está a chegar ao seu fin e a asociación indica que se lograron 3.500 euros coa venda de 29 obras de pequeno formato cedidas por artistas co obxectivo de recaduar fondos para achegar auga e comida á poboación infantil de Palestina.

Un centenar de artistas tanto galegos como de ámbito internacional doaron estas obras que están á venda en liña.

O diñeiro recadado destinarase á ONG Save the Children

A mostra virtual finaliza o luns 15 de xaneiro.

Durante estas festas algunhas das pezas doadas figuraban en fotocopias en árbores do Nadal situadas na contorna do edificio Castelao do Museo de Pontevedra e do Arquivo Provincial coa colaboración de Libraría Paz. 

Elaboráronse dous catálogos para a compra das obras: 

CATÁLOGO (1ªPARTE)