22 propostas para a fin de semana sen saír do Salón do Libro

Pontevedra
25 de marzo 2017

A música será a protagonista da fin de semana no Salón do Libro. 

Fin de semana do 18 e 19 de marzo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2017
Fin de semana do 18 e 19 de marzo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2017 / Diego Torrado

A música será a protagonista da fin de semana no Salón do Libro. 

SÁBADO 25

  • 11:30, 13:00 e 18:00 horas - Teatro: "Conchas" Desenvolvida por D'orfeu AC, Marionetas de Mandrágora e Franziska Aarflot, trátase dunha coprodución internacional para bebés que parte da memoria colectiva de Portugal e Noruega, onde se fusionan música, expresión dramática e corporal, o movemento e os títeres. Un espectáculo non verbal que conta a historia de viaxantes pintados na tea, reais e imaxinarios, para bebés e as súas familias. Sala de Obradoiros. De 0 a 3 anos. (40 bebés máis 1 acompañante). Prezo 3 euros.
  • 18:30 horas - Música: Cousas de Papá. Héctor Lorenzo. Música e poesía para xogar cos versos. Historias de un pai divertido e cantareiro que, coas suas cancións achega ao público a un mundo de imaxinación e fantasía. Editorial Xerais. Auditorio do Pazo da Cultura. A partir de 2 anos. Prezo 3 euros.
  • 11:00 horas - Obradoiro: Debuxando a cegas o mundo que queremos. Paspallás, asociación Socioeducativa e Cultural e Escola de Tempo Libre. Trátase de debuxar a cegas a partir de obxectos que tocan, para logo identificar as formas e as palabras, creando un xogo de adiviñanza a través da expresión plástica. A partir de 4 anos. Entrada libre ata completar cabida.
  • 11:00 horas - Construíndo un mundo mellor. Román Corbato, arquitecto e artista. Durante todo o Salón estase a construir un muro de caixas de cartón, aplicando coñecementos básicos de arquitectura e construción, sobre o que escribirán e debuxarán os seus desexos -empregando distintas técnicas de arte urbano- para construír o mellor mundo posible. Recinto Feiral. A partir de 5 anos. Prazas limitadas (15). Quendas cada 45 minutos.
  • 11:30 horas - Obradoiro: Cóntame un cadro Taller Abierto. Actividade de análise dos valores que agochan as obras de arte, invitando á posta en común entre maiores e menores sobre os sentimentos e os principios sociais e humanos que fan mellorar o mundo. De 4 a 12 anos. Prazas limitadas (20 parellas). Inscrición previa
  • 12:00 horas - Contacontos: Carola a carteira Centola Polo Correo do Vento. Un reino debaixo do mar, onde estaba prohibido cantar, bailar e tocar instrumentos. A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida.
  • Todo o día - Contacontos: A música da auga. Servando Barreiro (músico) e Anxo Moure (contacontos). Actividade animación itinerante, cun acordeonista e un contacontos dentro, cantando e contando historias que coidan os mares mentres pasean nenos dentro da réplica dunha gamela (construía en madeira con vela, timón e rodas). Inclúe sesións de contos e música, con proxección dos fondos mariños das Illas Ons. Público familiar.
  • 17:30 horas - Obradoiro científico: A horta prehistórica. UCC CSIC e INCIPIT. Escoitaches algunha vez falar da domesticación das prantas? Sabes a innovación tecnolóxica que supuxo para a humanidade a agricultura? Atréveste a facer moenda cun muíño prehistórico? Os participantes neste obradoiro poderán experimentar con diversas ferramentas do pasado e levar para casa unha bolsa de fariña feita por eles mesmos. Recinto Feiral. De 8 a 12 anos. Prazas limitadas (20).
  • 17:30 horas - Obradoiro: Creando un mundo de BD. Fonso Barreiro. Taller de creación de personaxes a partir do libro "Curuxa, a voz de Azazel", editado por Retranca Editora. A partir de 4 anos. Prazas limitadas (25).
  • 18:00 horas - Contacontos: Maruja Mallo e as misións pedagóxicas. Polo Correo do Vento. Unha homenaxe á artista Maruja Mallo. A arte, a liberdade, o gusto pola lectura, viaxes, educación democrática. A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida
  • 18:00 horas - Contacontos: Tirando do fío (lingua de signos) Fátima Villamel. Sesión para descubrir as historias que están nas nosas mans, nas orellas, nos beizos, no ar, nos libros; viaxar a lugares remotos, divertirse, xogar... Atréveste a tirar do fío? A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida.

 

DOMINGO 26

  • 12:00 e 18:30 horas - Música: Brinca Vai! De aquí a acolá Paco Nogueiras. Espectáculo baseado no libro-cd- dvd "Brinca Vai!", de Kalandraka Editora, no que se combinan animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos, nunha fantástica viaxe chea de humor, bailes e cancións. Recinto Feiral. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.
  • 11:30 horas - Obradoiro: Conizudos. Anxo García e Antón Iglesias (viravolta Enredos). Construirán cabezudos cheos de cor aos que lle terán que pór nariz, boca, ollos, cabelo... todo o que imaxinen pero empregando só papel e cartón. Entre todos reflexionarán sobre o papel, a función das árbores no medio ambiente, a importancia do seu coidado e conservación e os 3R: Reducir o consumo de papel - Reutilizar o papel - Reciclar sempre o papel. A partir de 6 anos Prazas limitadas (20). Inscrición previa.
  • 11:30 e 17:30 horas - Obradoiro: Con que queres encher a túa cabeza? Mr Xestión Cultural. Reflexionaremos sobre que é o que queremos ter na nosa cabeza. O resultado será un sombreiro conceptual que construiremos facendo papiroflexia. A partir de 6 anos. Prazas limitadas. Quendas de 10 persoas cada 20 min.
  • 12:00 horas - Roteiro da sacola verde MaOs Innovación Social Partindo do Salón do Libro realizarase unha pequena ruta pola Illa das Esculturas durante a cal se farán actividades ao redor de álbums ilustrados infantís e xuvenís con contidos relacionados co medio ambiente e o xénero. Público familiar. Prazas limitadas (25). Inscrición previa.
  • 12:00 horas - Contacontos: Carola a carteira Centola Polo Correo do Vento Un reino debaixo do mar, onde estaba prohibido cantar, bailar e tocar instrumentos. A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida.
  • 12:30 horas - Obradoiro: Familias globais. Da foto 360 á memoria. Ceo Aberto. Hoxe en día a tecnoloxía avanza a un ritmo vertixinoso. E ademais, cada vez é máis sinxelo aprender a utilizala. Leva o teu móbil e ensinaranche a crear imaxes de 360º e a visualizalas en 3D e engadirlles música e información. Crea momentos máxicos e recordos inesquecibles grazas as novas tecnoloxías. Non se precisa ningún coñecemento previo.A partir de 6 anos. Prazas limitadas (12 participantes máis 1 acompañante).
  • 17:00 horas - Contacontos: Ciclobiblioteca, pedaleando polas páxinas dos libros que coidan da terra. Anxo Moure. Promovendo unha aposta pola mobiblidade na cidade, polo uso da bicicleta como alternativa de transporte para frear o cambio climatico, un ciclobibliotecario pedalea polo Salón nun ciclocarro holandés cargado con libros sobre o coidado da terra facendo altos para a lectura compartida.Público familiar.
  • 17:30 horas - Contacontos: Bicos con leite. Charo Pita. Contos e cancións para os/as máis pequenos/as narrados con efectos sonoros, xogos corporais, onomatopeias e libros de imaxes. Para escoitar á calor dunha aperta. Sala Obradoiros. 0-4 anos. Prazas limitadas (25 bebés + 1 acompañante por bebé).
  • 17:30 horas - Obradoiro: Debuxando con pedras. Kiko da Silva. A partir de pedras ensinarán a crear imaxes e personaxes. Trátase de ensinar que debuxar é aprender a observar a natureza e os obxectos que nos rodean. A partir de 4 anos. Prazas limitadas (30). Inscrición previa.
  • 18:00 horas - Contacontos: Maruja Mallo e as misións pedagóxicas. Polo Correo do Vento. Unha homenaxe á artista Maruja Mallo. A arte, a liberdade, o gusto pola lectura, viaxes, educación democrática. A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida.
  • 18:30 horas - Obradoiro: A ruta da mámoa. UCC CSIC e INCIPIT. Atréveste a xogar coa tua familia á prehistoria? Antes de comezar os participantes recibirán o atrezzo e as ferramentas que vos identifiquen. Logo haberá que avanzar no taboleiro, respostando correctamente unha serie de preguntas. Traballo en equipo, diversión e prehistoria... Quen se atreve? A partir de 8 anos. Prazas limitadas (20).

 

Arquivado en