Cambiamos de marxe na ría de Pontevedra. Tras os tres últimos programas en Poio, esta vez imos a Marín. Non só a Marín porque o produto da ría do que fala leva ata o interior de Galicia. Algunha vez preguntáches por que na comarca do Carballiño as súas pulpeiras e o seu polbo son tan afamados?. Escoitando este podcast atoparás a incógnita despexada. A vila marinense e o Mosteiro de Oseira gardan unha relación histórica que está unida por don Diego Arias de Deza.
'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).