Cos 5 sentidos #4: Mosteiro de Poio (I)

Radio
15 de decembro 2023

Mosteiro de Poio: patrimonio histórico.

Cos 5 sentidos #4: Mosteiro de Poio (I) /
Cos 5 sentidos #4: Mosteiro de Poio (I)
Cos 5 sentidos #4: Mosteiro de Poio (I)

 'Cos 5 sentidos' continúa descubrindo o patrimonio histórico e cultural que ofrece a ría de Pontevedra. Neste podcast, e nos dous seguintes, o protagonista é o Mosteiro de Poio. Para este primeiro capítulo focalizamos a atención na historia deste cenobio que comeza no século VII e resulta difusa ata a metade do século XV cando chega a Congregación de San Benito de Valladolid. A súa estancia concluirá en 1835. Algo máis de cinco décadas despois tomarán a substitución monacal os frades da Orde Mercedaria. Actualmente son estes monxes os que seguen custodiando a actividade e a historia que atesoura o mosteiro.

 'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).